Ángel García Seoane é investido alcalde de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O pleno de constitución da nova corporación municipal elixiu por maioría absoluta a Ángel García Seoane como alcalde de Oleiros para o mandato 2023-2027. No acto, no que participaron máis de 200 veciños e veciñas, tomaron posesión do seu cargo todos os concelleiros e concelleiras elixidos, agás o representante do BNG que escusou a súa ausencia. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Durante a súa intervención, o alcalde lembrou todos os ataques e vicisitudes superadas ao longo dos anos que non impediron que Alternativa dos Veciños construíse un municipio único e de referencia en Galicia e en todo o Estado. García Seoane agradeceu o apoio e a confianza do pobo de Oleiros para garantir unha gobernabilidade a través da que pretende a creación dun grande auditorio en Bastiagueiro, a culminación da costa libre coa senda entre Naval e Canide, a construción dun museo, a realización dun pavillón en Nós ou a loita ante Estado e Xunta para a ampliación da ponte Pasaxe e finalización da vía Ártabra, respectivamente.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!