toma-diput

Ángel García Seoane toma posesión como deputado provincial

Ángel García Seoane tomou posesión como deputado provincial no pleno de constitución da nova corporación celebrado esta mañá na Deputación da Coruña. O alcalde de Oleiros presidiu a mesa de idade e entregou o bastón de mando ao presidente provincial, Valentín González Formoso.

Ángel García Seoane, que xa foi deputado entre os anos 1979 e 1983, desenvolveu un importante traballo durante a pasada lexislatura e conseguiu, entre outras cousas, poñer fin ás prácticas partidistas e de dubidoso sustento legal do anterior presidente Diego Calvo, que chegou a adxudicar máis de 62 millóns de euros a dedo. O presidente de Alternativa dos Veciños promoveu diversos asuntos de alcance provincial, como a posta en marcha dunha investigación científica por parte da Universidade de Santiago para erradicar as velutinas ou un protocolo de colaboración entre municipios para eliminar os plumachos do territorio.

Ante a falta de persoas tituladas para garantir a seguridade nas praias e nas piscinas públicas, García Seoane conseguiu que a Deputación ofertara cursos gratuítos para a formación de socorristas. O alcalde de Oleiros tamén denunciou a adquisición dunha parcela en Coristanco por 248.000 euros, cando o seu valor de mercado era de 55.000 euros, e o pago de 230.000 euros por unha exposición de coches, cuxo prezo real era de 22.000 euros.

Novas relacionadas