Ángel García Seoane é elixido alcalde do Concello de Oleiros
O pleno de constitución da nova corporación municipal elixiu por maioría absoluta a Ángel García Seoane como alcalde de Oleiros para o mandato 2019-2023. No acto, no que participaron máis de 250 veciños, os 21 concelleiros e concelleiras tomaron posesión do seu cargo.
Durante a súa intervención, o alcalde agradeceu o apoio e a confianza do pobo de Oleiros para poder seguir construíndo un municipio distinto e singular. García Seoane explicou que os principais retos para a lexislatura que comeza son manter e conservar a ampla rede de equipamentos e servizos públicos existentes, así como lograr que as administracións competentes aborden as tarefas pendentes que teñen no municipio, principalmente infraestruturas viarias e transporte público.