Ángel García Seoane será o deputado provincial de Alternativa nesta lexislatura

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros tomará posesión da súa acta o vindeiro 19 de xullo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Os 25 concelleiros e concelleiros de Alternativa dos Veciños no partido xudicial da Coruña elixiron por unanimidade a Ángel García Seoane como deputado provincial no acto celebrado esta mañá na Audiencia Provincial. O alcalde de Oleiros tomará posesión da súa acta de deputado o vindeiro 19 de xullo, no pleno de constitución da nova corporación provincial.

Ángel García Seoane, que xa foi deputado entre os anos 1979 e 1983, desenvolveu un importante traballo durante as dúas pasadas lexislaturas na corporación provincial. Ademais de impedir as prácticas partidistas e de dubidoso sustento legal de anteriores etapas, Alternativa posibilitou co seu apoio numerosos investimentos en infraestruturas e servizos públicos de interese xeral para a comarca da Coruña. García Seoane foi determinante para iniciar o proxecto de renovación da depuradora de Carral; facer posible o programa de apoio económico ao sector das verbenas e festas populares; paralizar a venda de solo público no polígono de Sabón; reurbanizar a avenida de Santa Cristina; ampliar a estrada da Besta (conexión Mera-vía Ártabra-Sada); reclamar melloras no Monte Costa en Culleredo…[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!