As primeiras enquisas preelectorais na Coruña evitan falar de Alternativa dos Veciños
As primeiras enquisas preelectorais, con máis dun 38 % de persoas indecisas, emiten prediccións que se axustan pouco á realidade política que se está a vivir na cidade da Coruña.
A Coruña necesita concelleiros que a sintan e que a respecten. A cidade non precisa aos que impiden gobernar e aprobar os orzamentos como acontece co PSOE, que non permite resolver os problemas e que paralizou a cidade durante 4 anos. As persoas que aman A Coruña non premian as políticas obstrucionistas nin partidistas que hipotecan o desenvolvemento e progreso da Coruña, nin tampouco aos que van vender os terreos do porto para especular.
Os que sentimos esta comarca imos traballar e loitar para que A Coruña sexa o espello no que se queiran mirar todas as cidades de Galicia. En Alternativa dos Veciños somos conscientes que non o temos nada fácil para chegar a todos os coruñeses, pero si podemos asegurar que imos intentalo, á marxe das condicións adversas da lei electoral —que entre outras cousas lles paga a publicidade aos grandes partidos para chegar a todos os domicilios, e a nós non— ou dos medios de comunicación.
Ángel García Seoane: “David venceu a Goliat. En frente nos non temos un xigante, temos moitos ananos”.