Ampliado o prazo de alegacións pola pegada sonora ata o 29 de xaneiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ampliado o prazo de alegacións pola pegada sonora ata o 29 de xaneiro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Dirección Xeral de aviación civil, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, ampliou o prazo de presentación de alegacións da pegada sonora do aeroporto de Alvedro ata o día 29 de xaneiro. Inicialmente, o prazo remataba o día 28 de decembro, pero debido ás festividades era recomendable realizar os trámites antes do día 24. As persoas interesadas en presentar alegacións poden dirixirse aos teléfonos 981677960 e 604080782 ou aos correos electrónicos culleredo@alternativadosvecinos.org e cambre@alternativadosvecinos.org para solicitar axuda para a realización dos trámites.

Debido a esta ampliación da huella, centos de parcelas urbanas consolidadas terían problemas á hora de construír, dado que se limitan os usos ou se poñen determinadas condicións que restan valor ás propiedades. No caso das vivendas xa existentes, na documentación do Ministerio non se recollen os pagos de indemnizacións para o illamento de ruídos, cando os gastos de insonorización para cambio de fiestras e portas debe asumilos o Ministerio e non os propietarios.

Desde o primeiro momento, o Concello de Oleiros encargou aos servizos técnicos municipais a redacción das correspondentes alegacións para defender a todos os veciños e veciñas con propiedades urbanas que se ven afectados. No caso dos concellos de Culleredo e Cambre, que un mes e seis días despois do anuncio do BOE recoñeceron en sendos plenos municipais que non fixeran nada, non tomaron ningunha determinanción na defensa dos veciños afectados nos seus municipios ata o último momento.

Alternativa dos Veciños confeccionou as alegacións correspondentes, tanto para os problemas do ruído como para as reclamacións de solares en solo urbano, para que sexan presentados polos afectados que o desexen. Os concelleiros de Alternativa en Culleredo e Cambre atenderon presencialmente aos cidadáns nunha oficina móbil. Este foi o método empregado a raíz de que o Goberno municipal de Culleredo esixise cita previa aos cidadáns para poder acceder á oficina que Alternativa ten na Casa Consistorial. Pretendían controlar ás persoas que se informaban deste grave problema.

O silencio dos Gobernos de Cambre e Culleredo vén dado pola necesidade que os dous teñen de que o Ministerio e AENA lles fagan uns informes positivos e axeitados aos seus intereses para poder aprobar o planeamento urbanístico. Tal é así que o alcalde de Cullerdo chegou a pedir aos seus veciños “comprensión y solidaridad” co Ministerio, que vai prexudicar gravemente o seu patrimonio.

DESCARGAR ALEGACIÓN TIPO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!