[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Altrernativa dos Veciños denuncia novamente as graves deficiencias no servizo de recollida de lixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]As numerosas deficiencias no servizo de recollida do lixo que se presta desde o Consorcio das Mariñas está a provocar moitas queixas por parte de veciños de diversos lugares do municipio. Alternativa dos Veciños está a constatar que a empresa concesionaria non está a recoller todos os días que lle corresponde, faltan contedores para depositar os residuos, os de papel e vidro están saturados en moitas zonas e os contornos non están limpos.
Alternativa dos Veciños denunciou en anteriores ocasións esta situación ante o Consorcio. De feito, desde Oleiros impulsouse a realización dunha auditoría para contrastar o cumprimento do contrato por parte da empresa que presta o servizo. Ese informe, co que o Concello de Oleiros está en total desacordo, ignora a situación que existe tanto en Oleiros como nos demais municipios do Consorcio.
A este problema engádeselle o incivismo de diversas persoas que usan os contedores para depositar todo tipo de materiais, colchóns ou mobles que deben depositarse no punto limpo de Iñás. Estas actuacións requiren dun control e unha vixiancia que supostamente teñen que realizar as dúas persoas contratadas polo Consorcio para ese fin.
Ante esta situación, na próxima reunión do Consorcio das Mariñas, o Concello de Oleiros proporá rebaixar as cantidades que se abonan pola recollida do lixo ante o incumprimento do contrato.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]