Alternativa vota en contra do convenio que pretende encher de cemento o Graxal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa vota en contra do convenio que pretende encher de cemento o Graxal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa votou en contra dun convenio que non da garantía, nin prazos, nin un aporte económico concreto para a rehabilitación das Casas Bailly, nin un estudio previo do impacto socioeconómico, nin tampouco expón a negativa da Xunta de Galicia (exposto no informe do borrador do Plan Xeral) a estas actuacións urbanísticas que se pretenden na contorna das Casas.

Fai uns meses o Goberno municipal falaba de benfeitores para rehabilitar as Casas Bailly, pero a realidade é que o convenio se firma cunha promotora que pretende recalificar 19.597 m2 outorgándolle unha edificabilidade de 0.75m2, fronte o 0.50 m2 recollido nas normas subsidiarias. Benfeitores que se converten en promotoras ás que se lle pretende dar a posibilidade de urbanizar desmesuradamente, facilitando a especulación urbanística.

Xunto coa actuación dos outros terreos anexos, para un área comercial xa denunciada por alternativa, fan un total de 64.297 m2 a recalificar e 39.497 m2 para construír. Esta é a solución que o Concello plantea para os problemas da veciñanza e comerciantes do Temple: ruído, tráfico, falta de aparcadoiros, espazos verdes, áreas deportivas, equipamentos e servizos socioculturais; sen esquecer a loita diaria pola supervivencia do pequeno comercio, vandalismo urbano, problemas no abastecemento de auga e iluminación pública, e unha longa lista.

Alternativa dos Veciños votou rotundamente en contra e seguirá a denunciar esta política e xestión urbanística e a importancia e necesidade da aprobación dun Plan Xeral.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!