Alternativa volve solicitar melloras para o asfaltado da rúa Samosteiro
Veciños e Veciñas trasladaron a situación de abandono dun tramo da rúa Samosteiro. Alternativa xa trasladara a queixa e volve a facelo tras non obter resposta dende o Concello de Cambre.
A céntrica vía está situada a 50 metros da Casa do Concello. Que sirve de acceso a diferentes instalacións municipais como o Campo de Fútbol, o Skatepark ou o cemiterio, e tamén diferentes sendas naturais moi frecuentadas pola veciñanza que sae a camiñar ou facer deporte.
A forte densidade de tráfico, xa que é empregada como “Vía de escape” do centro de Cambre para evitar as caravanas en horas puntas, incrementa no día a día o deterioro da mesma. Xerando, a maiores, un problema de seguridade viaria na estreita vía posto que moitos automobilistas non respectan os límites de velocidade, tema que Alternativa tamén denunciou na sesión plenaria de Setembro.