[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo volve solicitar á Xunta a contratación de máis profesorado para o inicio do curso
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar á Xunta de Galicia a contratación de máis profesores para o inicio do curso, para poder reducir as ratios e facer desdobres
A Xunta de Galicia debe contratar máis profesorado para o inicio do curso como xa se fixo noutras dez comunidades autónomas. A contratación de máis profesores é fundamental para poder reducir as ratios e facer desdobres.
Despois, no referente aos espazos, practicamente ningún concello tería problema para ceder locais municipais. Trátase dun tema de coordinación da Consellería de Educación coas administracións locais. Non é momento de buscar escusas, senón de buscar solucións para que os escolares regresen ás aulas con toda seguridade.
A Xunta de Galicia vén claramente elaborando unha estratexia para non reducir as ratios, nin ter que facer desdobres e, así, contratar a máis persoal docente.
Alternativa dos Veciños volve esixir á Xunta de Galicia a contratación inmediata de máis persoal docente. Sen isto, é difícil falar de seguridade no regreso aos colexios.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]