Alternativa volve denunciar que o Goberno Municipal non permite á veciñanza asistir aos plenos

Arteixo, 21 de setembro de 2021.Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita que se permita á veciñanza asistir ao pleno da corporación, xa que actualmente non hai en vigor ningunha normativa sanitaria que prohiba asistir

Alternativa dos Veciños solicita que se permita á veciñanza asistir aos plenos da corporación municipal, xa que actualmente non hai en vigor ningunha normativa sanitaria que prohiba asistir.

“Por suposto que aínda estamos en pandemia, pero débense adoptar as medidas necesarias e tentar ir normalizándoo todo. As sesións plenarias xa se están celebrando presencialmente, e é por iso, que se debe permitir a presenza de publico. Noutros concellos da comarca xa levan varios meses celebrando as sesións plenarias presencialmente e permitindo a asistencia de publico.
Non se pode privar á cidadanía de participar na vida política municipal. O Goberno Municipal está a utilizar o Covid como escusa para impedir que os veciños poidan asistir aos plenos e participar na vida política municipal” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Alternativa dos Veciños non vai permitir que as portas do concello de Arteixo sigan pechadas á cidadanía, e é por iso, que de continuar esta situación, Alternativa sairá á rúa para denunciar estas formas e actitudes ditatoriais do actual Goberno Municipal” matiza Juanfran Martínez.

 

Comparte esta nova!