Alternativa volve a situar o Plan Xeral no debate municipal

O grupo municipal solicitou explicacións ao goberno local durante o pleno da semana pasada, ante a falta total de información sobre os avances no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a incerteza que esto crea á veciñanza.

Alternativa levou a pleno unha cuestión clave para desbloquear o proceso: Coñecer en que estado se atopa o contrato coa empresa redactora do PXOM, xa que resulta imprescindible revisar esta relación contractual para poder avanzar na tramitación do Plan.

Dende o goberno local trasladouse que é necesario comprobar a posibilidade de prórroga do contrato coa empresa redactora do plan, posiblemente caducado, para o cal son necesarios os informes técnicos correspondentes, mantendo así o mesmo argumento que en outras ocasións, pero sen concretar prazos nin avances reais.

Cabe lembrar que esta situación é consecuencia da mala xestión do anterior goberno d eUnión por Cambre (UXC). E a ambigüedade do asunto parece confirmar que os recursos de máis de 400 mil euros destinados ao Plan Xeral formaron parte da campaña electoral do grupo Unión por Cambre.

Mentres tanto, a realidade é que a veciñanza de Cambre continúa sen respostas a máis de 1000 alegacións presentadas, co documento urbanístico paralizado e cunha planificación bloqueada que afecta ao desenvolvemento do municipio. E está a incentivar que mocidade busque opcións de vivenda en concellos limítrofes.

É momento de dar pasos firmes para reconducir a situación e ofrecer certezas á cidadanía.

Comparte esta nova!