Alternativa volve a reclamar facer público o calendario da campaña de rozas

A pesar do compromiso traladado polo goberno local, esta información continúa sen estar dispoñible a través dos medios municipais.

Alternativa volveu a insistir na necesidade de que se publique o calendario da campaña de rozas para que a veciñanza poida coñecer con antelación as actuacións previstas en cada zona do municipio.

A difusión do programa permitiría mellorar o desenvolvemento dos traballos, facilitando a colaboración veciñal e evitando situacións que dificultan as rozas, como a presenza de vehículos estacionadas nas zonas de actuación. Ademáis, favorecería un mellor seguimento da execución da campaña.

Comparte esta nova!