Alternativa dos Veciños contará coas entidades veciñais para a elaboración dos orzamentos municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños contará coas entidades veciñais para a elaboración dos orzamentos municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O orzamento municipal para o ano 2020 atópase xa en fase de redacción. O documento que está a elaborar o Goberno municipal incluirá tamén as propostas realizadas desde entidades máis representativas de cada localidade, principalmente das asociacións de veciños.

Nas vindeiras semanas os colectivos recibirán unha carta do alcalde para que participen na elaboración dos orzamentos municipais. Tal e como fan todos os anos, poderán trasladar as súas propostas ao Goberno local que as analizará para posteriormente incluír aquelas que poidan ser realizables nos orzamentos municipais de 2020.

Antes de aprobar o documento definitivo no pleno municipal, celebrarase unha asemblea con todas as entidades veciñais de Oleiros. Nese encontro, o alcalde presentaralle os orzamentos ás asociacións veciñais do municipio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!