Alternativa suspende de representación e militancia aos dous concelleiros de Sada por apoiar unha moción de censura con PP e PSOE

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa suspende de representación e militancia aos dous concelleiros de Sada por apoiar unha moción de censura con PP e PSOE

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Comisión Permanente acordou abrir expediente disciplinario e suspender cautelarmente de todo cargo público, representación e militancia de Alternativa dos Veciños aos dous concelleiros de Sada que promoveron unha moción de censura -xunto con PP e PSOE- contra o actual alcalde. Os concelleiros actuaron unilateralmente, sen contar coa dirección do partido nin con seus compañeiros de Sada, traicionando por completo os postulados políticos de Alternativa e a confianza depositada polos sadenses.

De ter un mínimo de dignidade e por hixiene democrática, os concelleiros que acaban de ser expulsados de Alternativa deberían entregar de inmediato a súa acta de concelleiros e non usurpar durante máis tempo un cargo que a cidadanía de Sada lle entregou a Alternativa dos Veciños e non a ninguén a título individual. Estas dúas persoas son libres de non querer cumprir cos posicionamentos políticos e co programa de Alternativa, pero non de actuar baixo o amparo dunhas siglas para beneficio propio e prexuízo de Sada.

Alternativa é un partido con máis de 40 anos de historia, que sempre se distinguiu por practicar unha política honrada, honesta e progresista. Loitamos para construír gobernos que traballen polo ben dos municipios, non para aliñarse cos partidos responsables da destrución dos pobos, da ruína dos concellos e do saqueo das administracións públicas, como foi o caso do PP en Sada durante décadas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!