Alternativa solidarízase co alcalde italiano Domenico Lucano

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros solidarízase co alcalde de Riace detido por acoller persoas refuxiadas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18yOTE1NTkzOCUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMjkxNTU5MzhfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por carta ao seu homólogo do municipio italiano de Riace, Domenico Lucano, tras ser arrestado esta semana polas autoridades italianas. García Seoane tamén se dirixiu ao embaixador italiano en España para transmitirlle a súa preocupación por este acontecemento.

O alcalde Domenico Lucano vén combatendo desde hai dez anos os problemas de despoboación e envellecemento do seu municipio a través do acollemento de persoas refuxiadas no municipio de Riace, na rexión italiana de Calabria. Aproveitando axudas procedentes da Unión Europea, as persoas que chegaban tiveron unha oportunidade coa restauración de casas abandonas, a creación de talleres, cooperativas e obradoiros de fomento de emprego local.

O novo goberno italiano do M5E e da Liga Norte decidiu conxelar as achegas económicas para este programa. Nin a folga de fame iniciada por Lucano conseguiu frear a actitude xenófoba do Goberno, que acabou sendo detido e actualmente se atopa baixo arresto domiciliario.

En abril do ano 2016 Alternativa dos Veciños tomou a idea de Lucano para crear un modelo de repoboamento sostible para o rural na provincia da Coruña baseado na acollida de persoas refuxiadas. A proposta foi levada ao pleno da Deputación provincial pero non contou co apoio de ningún dos grupos. No mes de xuño deste mesmo ano 2018, a proposta foi levada de novo ao pleno da Deputación da Coruña, sendo aprobada. Esta aprobación suporá a creación dun Plan de Integración para as persoas refuxiadas na provincia da Coruña en colaboración cos concellos.

Ademais das misivas enviadas polo alcalde, o Goberno municipal iniciou unha campaña informativa nos paneis luminosos do Concello para denunciar este caso.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!