Alternativa solicitou un reforzo para o servizo de policía local
Alternativa solicitou na sesión plenaria de onte que se contemple nos orzamentos do 2021 un incremento de persoal para mellorar o servizo de seguridade cidadá, petición aceptada polo goberno municipal.
Numerosos veciños e veciñas manifestaron a Alternativa dos Veciños a escasa presenza policial para velar pola seguridade e dar cumprimento as medidas polo Covid.
A plantilla da policía local é exactamente a mesma que fai cinco anos e medio, xa que dende que goberna Unión por Cambre non se fixo nada respecto a isto. Tampouco están a dar información sobre e a vacante de inspector que facía as funcións de xefe. E nada se sabe das dúas prazas de auxiliares de policía que ían chegar para facer fronte á situación sanitaria.
Demasiadas lagoas para un servizo tan imprescindible para a veciñanza que o goberno municipal se comprometeu a solucionar de cara ao vindeiro ano.