Alternativa dos Veciños de Arteixo propón que o Balneario de Arteixo sexa empregado para crear unha residencia de persoas maiores e tamén a explotación de augas termais.
Alternativa dos Veciños de Arteixo propón que o Balneario de Arteixo sexa empregado para crear unha residencia de persoas maiores e tamén a explotación de augas termais.
A última das doazóns da Fundación Amancio Ortega ao Concello é de 3 millóns de euros para sufragar a compra do Balneario.
No Concello so se conta cunha residencia para persoas maiores con unicamente 64 prazas, a cal tamén foi construída pola Fundación Amancio Ortega e logo cedida á Xunta de Galicia. Destas prazas, só as 32 que se xestionan dende o Concello están reservadas para a veciñanza do municipio. O propio Goberno Municipal recoñeceu que se recibían moitas mais solicitudes que prazas que teñen dispoñibles.
Os nosos maiores están a ter que pasar a última etapa da súa vida lonxe de Arteixo, e en moitas ocasións, mesmo se teñen que trasladar a fóra da provincia ou da Comunidade Autónoma.
Alternativa dos Veciños solicitamos ao equipo de goberno que o edificio do Balneario se adapte para pasar a ser unha residencia de persoas maiores. E que a infraestrutura non sexa desaproveitada como outras cesións da Fundación Amancio Ortega, como o Centro Tecnolóxico no Polígono de Sabón.