Alternativa dos Veciños solicita unha sala de radioloxía para Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños solicita unha sala de radioloxía para Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños vai levar ao pleno de mañá mércores unha moción para que o Concello de Arteixo lle solicite á Xunta de Galicia unha sala de radioloxía para un dos centros de Atención Primaria do municipio, así como os profesionais sanitarios precisos. Desde Alternativa considérase que desta maneira é posible ofrecer un mellor servizo sanitario á veciñanza, liberando e axilizando o colapso que sofre habitualmente o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A moción de Alternativa dos Veciños tamén contempla a solicitude dunha reunión á Consellería de Sanidade, na que poidan participar todos os grupos municipais, para expoñer os problemas existentes nos centros de saúde e as medidas que se poderían adoptar.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!