Alternativa solicita rozar a maleza e reparar a varandas de protección no Coto en Pastoriza

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita rozar a maleza e reparar a varandas de protección no Coto en Pastoriza

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno rozar a maleza que invade as beirarrúas e reparar a varandas de protección no Coto na parroquia de Pastoriza.

A maleza invade ata tal punto as beirarrúas no Coto que nalgún punto xa non permite a circulación dos peóns con normalidade polas mesmas. A maleza tamén invade as varandas de protección que se sitúan na mesma beirarrúa, xa que existe un desnivel considerable que supón un risco de caída de persoas. Estas varandas de protección atópanse en moi mal estado, o que provoca que poida ser máis perigoso telas nesas condicións que non telas, xa que alguén pode recostarse confiado na varanda e caer xunto coa mesma polo citado desnivel.

Por isto, Alternativa dos Veciños solicita ao equipo de goberno que proceda a realizar os traballos de roza da maleza e a reparar as varandas de protección, xa que existe un desnivel considerable que supón un risco de caída de persoas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!