at

Alternativa solicita unha reunión co conselleiro de Economía pola gasolineira da Maceira

Alternativa dos Veciños solicitou unha reunión co conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia para esclarecer a situación da licenza da nova gasolineira da Maceira. A construción desta nova estación de servizo, desde o punto de vista de Alternativa dos Veciños non é legal, dado que a parcela na que se constrúe está atravesada por unha liña de alta tensión.

Alternativa presentou denuncia ante o Concello de Arteixo e a Xunta de Galicia. Polo momento o Concello non emitiu ningún tipo de resposta. A Xunta simplemente comunicou que enviaban o expediente a instancias superiores, mentres as obras seguen avanzando a gran velocidade.

Ante esta situación, o presidente de Alternativa dos Veciños solicitou unha reunión co conselleiro para pedirlle aclaracións sobre os permisos e a licenza que se outorgaron para a construción desta gasolineira no lugar da Maceira, na parroquia de Pastoriza.

Novas relacionadas