Solicitada unha reunión co alcalde para propoñer unha residencia de maiores no Balneario

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Solicitada unha reunión co alcalde para propoñer unha residencia de maiores no Balneario

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicítalle unha reunión ao alcalde Carlos Calvelo para expoñer a creación dunha residencia de persoas maiores no edificio do Balneario, que xa é de titularidade municipal grazas a unha a doazón da Fundación Amancio Ortega. Alternativa tamén propón a explotación do manancial das augas termais do balneario.

Arteixo só dispón dunha residencia para persoas maiores con unicamente 64 prazas, a cal tamén foi construída pola Fundación Amancio Ortega e logo cedida á Xunta de Galicia. Destas 64 prazas, só as 32 que son xestionadas polo Concello están reservadas para veciños do municipio. O Goberno municipal xa afirmou que se recibían moitas máis solicitudes que prazas dispoñibles. Algo lóxico, tendo en conta a poboación coa que conta Arteixo e o número de prazas existentes.

“Os nosos maiores están a ter que pasar a última etapa da súa vida lonxe de Arteixo e, en moitas ocasións, mesmo se teñen que trasladar a fóra da provincia ou da comunidade autónoma. Por iso, solicitamos que o edificio do Balneario se adapte para unha residencia de persoas maiores. Esperamos, que non desaproveite este edificio como se está facendo co Centro Tecnolóxico no Polígono de Sabón, tamén cedido pola Fundación Amancio Ortega”, dixo Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Tamén, queremos deixar claro, que Alternativa non se opón á idea de contar cun centro socio-cultural, senón que neste caso entendemos que o edificio do Balneario polas súas características e uso ata a data, é idóneo para adaptalo e que pase a ser unha residencia para os nosos maiores. O centro socio-cultural é moi necesario e debe levarse a cabo, pero debe ser noutra localización”, comentou Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!