Alternativa solicita repintar e instalar pasos de peóns intelixentes na estrada AC-415

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita repintar e instalar pasos de peóns intelixentes na estrada AC-415

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno repintar e instalar pasos de peóns intelixentes na estrada AC-415.

O tramo da estrada AC-415 que atravesa as parroquias de Pastoriza e Oseiro e, que no seu día foi transferido ao concello, necesita ser repintado na súa totalidade, xa que existen importantes tramos tanto da Travesía de Oseiro, de Pastoriza como da de Meicende, onde xa non se observan con claridade as liñas e sinalizacións pintadas na estrada. Isto provoca un serio perigo para a circulación dos vehículos e especialmente para a importante afluencia peóns que transitan a diaria por estas travesías do municipio.

Tamén, dado o alto número de peóns que transitan por estas travesías e a alta intensidade de circulación de vehículos, deberíase levar a cabo a instalación de pasos de peóns intelixentes para mellorar a seguridade viaria.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!