[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa solicita realizar traballos de roza e limpeza nos lugares de Campo e Branquenza na parroquia de Barrañán
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños solicita ao goberno realizar traballos de roza e limpeza nos lugares de Campo e Branquenza na parroquia de Barrañán, xa que a maleza invade as pistas e dificulta a visibilidade.
Como outros moitos do municipio, os lugares de Campo e Branquenza na parroquia de Barrañán tamén están invadidos pola maleza.
O transitado Camiño da Costa que enlaza no lugar do Campo a CP-0506 coa DP-0514 na praia de Barrañán, está totalmente invadido pola maleza a cal dificulta seriamente a visibilidade dos vehículos e tamén pon en serio risco aos viandantes. O mesmo sucede co Camiño de Branquenza que tamén enlaza o Camiño da Costa no lugar do Campo coa CP-0506 no lugar de Branquenza.
Por iso, solicitamos ao equipo de goberno que proceda a realizar os traballos de roza e limpeza da maleza nestes dous núcleos.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]