Alternativa solicita que se reactive o servizo de atención psicolóxica telefónica
Os efectos psicolóxicos negativos que está a ter a actual situación de crise sanitaria están a facer “mella” nos veciños e veciñas. Polo que Alternativa solicitará que se retome o servizo para dar soporte persoal a todas as persoas que o precisen.
A nivel autonómico non se están a dar moitas respostas para apuntalar a situación que se nos ven enriba ante os efectos a nivel psicolóxico, consecuencia da que xa falan expertos.
Dende o goberno municipal, durante o primeiro confinamento estableceuse un servizo de atención psicolóxica telefónica, que segundo anunciaran contara con grande éxito.
Ante o anuncio de novas medidas e por traslado que nos fixeron diferentes veciños e veciñas creemos que é un bo momento para reactivar este servizo municipal. Que poida dar apoio a calquera persoa que o precise, sobre todo as que viven situacións de maior vulnerabilidade. Tamén para detectar posibles casos de violencia doméstica ou outras problemáticas de diversa índole.