[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo solicita pasos de peóns na estrada provincial que pasa por Chamín e Sorrizo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños vai presentar unha solicitude na Deputación da Coruña para mellorar a seguridade viaria na DP-0514, ao seu paso polas parroquias de Chamín e Sorrizo. Esta estrada provincial non conta con ningún paso de peóns ao seu paso por estas dúas parroquias.
A travesía de Chamín, que conta cun importante volume de tráfico, supón un grave risco para os veciños e veciñas que transitan a pé e teñen que cruzar a estrada. Trátase dunha zona na que hai unha Escola Infantil, numerosas vivendas, negocios de hostalería… que precisa de pasos de peóns..
Para abordar as diversas melloras da seguridade viaria que precisa esta estrada, Alternativa solicitará á Deputación que realice un estudo para avaliar o estado desta travesía e que proceda á instalación de pasos de peóns, dotados da iluminación necesaria para garantir a visibilidade polas noites.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]