Alternativa solicita ó concello que busque unha solución para unha familia Arteixá cunha orde de desafiuzamento

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita ó concello que busque unha solución para unha familia Arteixá cunha orde de desafiuzamento

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita a servizos sociais do concello que busque unha solución para unha familia Arteixá cunha orde de desafiuzamento con data de lanzamento para o próximo 26 de outubro.

Unha familia Arteixá composta de 6 persoas, entre elas dous menores e unha delas cunha discapacidade, quedarán na rúa o próximo 26 de outubro se os servizos sociais do concello non buscan unha solución a este caso que vén de varios meses atrás e que aínda seguen sen dar unha solución definitiva a esta familia que se atopa desesperada ante a posibilidade de quedar tirados na rúa.

Esta familia non sabe que máis facer e onde máis recorrer, xa están cansados de que os desvíen dunha administración para outra e que finalmente o único que fagan é pasarse a pelota e que finalmente non chegue ningunha solución á desesperante situación que están a atravesar dende hai moitos meses.

Alternativa dos Veciños solicita con carácter urxente que dende servizos sociais se busque unha solución de inmediato e que Arteixo non sexa noticia en todo o país por non facer o traballo que correspondía.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!