Alternativa solicita o asfaltado da Rúa das Viñas de Abaixo
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita o equipo de goberno asfaltar a Rúa das Viñas de Abaixo na parroquia de Oseiro.
O firme da Rúa das Viñas de Abaixo na parroquia de Oseiro atópase en condicións pésimas. Cando se realizaron as obras para a instalación da rede de saneamento, como é lóxico, foi necesario romper o firme para pasar a tubaxe e realizar os enganches ás diferentes vivendas e logo non se reparou correctamente o firme retirado. Agora atópase todo afundido con importante profundidade nalgúns puntos o que dificulta a circulación dos vehículos con normalidade e tamén provocan serios danos nos mesmos.
Por iso, Alternativa dos Veciños solicita reparar o firme da Rúa das Viñas de Abaixo.