Alternativa solicita o arranxo urxente do pavimento da praza Enrique Piñeiro Rodríguez

WhatsApp Image 2023-03-13 at 11.49.23 (1) (1)

O pavimento da praza Enrique Piñeiro Rodríguez, en pleno centro da vila, presenta danos importantes dende hai máis dun mes.

Dende Alternativa de Cambre recálcase que esta praza rexistra unha gran afluencia de viandantes ao atoparse nela varios establecementos públicos, e que ditas deficiencias poderían representar un risco para os peóns.

Por este motivo, o voceiro do grupo municipal en Cambre, Raúl Varela, solicitou ao goberno municipal o seu arranxo urxente.

Novas relacionadas