Alternativa solicita o arranxo e reapertura da pista multideporte de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita o arranxo e reapertura da pista multideporte de Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo demanda ao Goberno municipal o arranxo e a reapertura da pista multideporte de Arteixo, que leva máis de dous meses pechada ao público.

Alternativa dos Veciños denuncia que hai máis de dous meses que o Goberno Municipal precintou a pista multideporte de Arteixo, debido supostamente a que a pista presenta deficiencias.

“A veciñanza de Arteixo leva máis de dous meses sen poder gozar da pista multideporte como consecuencia da nefasta xestión do goberno municipal, xa que primeiro non realizan os pertinentes mantementos das instalacións e logo cando ten que realizar calquera tipo reparación, adoitan tardar máis tempo de que podería levar executar unha nova instalación” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Doutra banda, en Alternativa dos Veciños esperamos que esta pista estea actualmente pechada polos motivos que expoñen desde o concello e que non sexa porque o equipo de goberno teña a intención de utilizar este solo para dar algún pelotazo. Permaneceremos atentos, xa que xa coñecemos perfectamente as formas de actuar do Partido Popular de Arteixo” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!