Alternativa solicita o arranxo da estrada que vai de Rañobre a Pastoriza
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita o arranxo da estrada que vai de Rañobre a Pastoriza, xa que se atopa nun estado lamentable.
A estrada que vai desde Rañobre a Pastoriza atópase nun estado lamentable, especialmente no tramo próximo ao lavadoiro.
O pasado inverno as fortes choivas arrastraron barro procedente do Club de Tiro, o que desencadeou importantes inundacións nalgunhas zonas. Como consecuencia destas inundacións, o firme cedeu e tamén existen importantes desniveis nos extremos.
Esta é unha estrada moi transitada, especialmente pola veciñanza de Rañobre que acode habitualmente ao cemiterio de Pastoriza.
Por iso, solicitamos que se arranxe canto antes, xa que o estado no que se atopa actualmente é un serio perigo tanto para os vehículos como para os viandantes.