espiritu stoi

Alternativa solicita melloras para o polígono de Espíritu Santo

Alternativa denuncia o mal estado no que se atopa un dos accesos dende a N-VI, (concretamente a que chega dende a ITV). Así como o estado das beirarrúas. Temas que comerciantes e veciñanza levan tempo solicitando.

O acceso empregado a diario por un grande número de vehículos e transporte pesado é de competencia municipal e presenta o asfalto moi deteriorado, así como numerosas fochancas; no estado actual o único que pasará é que a situación empeore. Confiamos que xunto rotonda que a Deputación vai facer o Concello dea solución a este tramo.

Así mesmo precisa inmediata atención cortar a maleza que invade as beirarrúas que impide o paso a peóns, así como a súa reparación nalgúns puntos.

Dende Alternativa urximos que o Concello de Cambre arranxe estes problemas que afectan a comerciantes e veciñanza.

Novas relacionadas