[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa solicita melloras no peirao de amarre do embarcadoiro de Sorrizo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitoulle a Demarcación de Costas a realización de melloras no peirao de amarre do embarcadoiro de Sorrizo.
Tendo en conta as solicitudes que nos fixeron chegar varios cidadáns e entidades veciñais de Arteixo e, despois de estudar detidamente as mesmas e tamén as diferentes solucións e posibilidades respecto diso, entendemos que é necesario a realización de traballos de mellora no muro de amarre, xa que se atopa nunhas condicións lamentables e, mesmo ten risco de derrube, xa que nalgunha zona xa cedeu parte do muro.
“Consideramos imprescindible e necesario acondicionar canto antes o peirao de amarre para evitar que siga cedendo e poida ocasionar danos maiores. Tamén, consideramos necesario estudar a posibilidade de instalar varandas de seguridade na parte superior do muro, xa que existe un desnivel considerable, de aproximadamente 3 metros de altura e, que na actualidade non conta con ningún tipo de protección” apunta a Voceira de Alternativa en Arteixo, Noelia Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]