Alternativa solicita adoptar medidas para apoiar o sector cultural

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita adoptar medidas para apoiar o sector cultural

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno adoptar medidas para apoiar o tecido cultural do municipio e da comarca, para amortecer o efecto negativo que produciu e está a producir a crise sanitaria causada polo Covid-19 no sector cultural.

Debemos ter en conta o amplo número de traballadores, profesionais e empresas que traballan na cultura, sector que supón máis do 3% do PIB en España. Por suposto, tamén as asociacións culturais que xogan un papel importantísimo no rescate, fomento e difusión da cultura en todos os seus ámbitos.

Trátase de sumar forzas para dar impulso a todo o sector e favorecer a súa reactivación cumprindo sempre as medidas sanitarias establecidas polas autoridades competentes. Seguir traballando por impulsar a cultura en directo e poñendo ao dispor do sector toda a infraestrutura para sacar espectáculos e eventos adiante.

No concello de Arteixo contamos con espazos que son idóneos para a celebración de espectáculos e eventos, como poden ser o auditorio do centro cívico ou o campo da festa, que contan cunha importante capacidade de aforo para poder levar a cabo estas actividades con todas as garantías de seguridade e cumprindo as medidas sanitarias.

Por iso, consideramos que é necesario adoptar medidas como; a posta en marcha dun circuíto municipal de musica e artes escénicas, axudas ás asociacións culturais que teñan un programa estable para os próximos meses, concertos a porta pechada e con público online, promocionar intensivamente todas as actividades culturais que se realicen no municipio, creación dunha APP de cultura municipal, descontos nas entradas e tamén asesoramento sobre axudas e plans de formación.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!