Alternativa demandou ao goberno municipal información sobre as novidades do servizo de xestión de residuos co obxectivo de coñecer como afectará ao funcionamento actual no Concello de Carral.
O grupo xa trasladara previamente ao Consorcio diversas propostas de mellora do servizo, recollendo demandas da veciñanza relacionadas co servizo.
Na pasada semana, o pleno do Consorcio trasladou aos diferentes representantes dos Concellos a proposta dos pregos que recollen as novas condicións do servizo de recollida e tratamento do lixo.
Ante esta situación, Alternativa rexistrou unha solicitude formal de información para coñecer se as peticións veciñais foron incorporadas, así como saber as melloras realizadas polo goberno local e os cambios concretos que suporá o novo contrato para o municipio.
Dende o grupo subliñan que un cambio deste alcance no pode producirse sen información clara nun servizo tan esencial para a veciñanza.