Alternativa solicita explicacións á Xunta polos permisos concedidos para a construción dunha gasolineira na Maceira

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita explicacións á Xunta polos permisos concedidos para a construción dunha gasolineira na Maceira

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Arteixo, 17 de agosto de 2020. Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita explicacións á Xunta de Galicia polos permisos concedidos para a construción dunha gasolineira baixo unha liñas de alta tensión na Maceira, na estrada xeral que conecta A Coruña con Arteixo

Alternativa dos Veciños presentou o pasado xoves unha solicitude por rexistro á atención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, solicitando explicacións sobre os permisos concedidos a unha empresa para a construción dunha gasolineira na Maceira.

A parcela sobre a que se constrúe dita gasolineira está atravesada por unhas liñas de alta tensión. Isto implica un serio risco para a seguridade e saúde pública, non só cando se empece a desenvolver a actividade, senón tamén nos procedementos de traballo para a súa construción. O proxecto presentado pola citada empresa para obter o permiso municipal recolle que a instalación contará con edificacións adxacentes para tendas, oficinas e boxes de lavado. O artigo 35.1 da Lei do Solo de Galicia (LSG) prevé como uso permitido en solo rústico as instalacións vinculadas funcionalmente ás estradas e previstas na ordenación sectorial destas, así como as estacións de servizo, pero en ningún momento fai mención á posibilidade de desenvolver outra actividade distinta á da subministración de carburante, nin con carácter principal nin secundario ou complementario.

Por iso, solicitamos a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia coñecemento do permiso concedido por parte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a construción e desenvolvemento desta actividade na citada parcela, solicitar o Concello de Arteixo a paralización dos traballos de construción, e apertura do correspondente expediente ao Concello de Arteixo, por conceder licenza de obra en solo rústico para a instalación e desenvolvemento dunhas actividades que non están previstas no artigo 35.1 da Lei do Solo de Galicia (LSG).[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!