Alternativa solicita blindar a comarca contra os macroproxectos eólicos
Ante a proliferación masiva de macroproxectos eólicos e fotovoltaicos, Alternativa dos Veciños adheriuse á unha campaña a nivel estatal coordinada polo colectivo Aliente para solicitar unha moratoria científica en todas as Reservas da Biosfera de España. Demándase que se realice un estudo sobre a viabilidade das instalacións eólicas, fotovoltaicas e termosolares, incluída a repotenciación, e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera. Os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado forman parte a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.