Alternativa de Arteixo solicita arranxar a pista que comunica Vilanova e Mirón

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita arranxar a pista que comunica Vilanova e Mirón

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal o arranxo da pista que enlaza os núcleos de Vilanova e Mirón, na parroquia de Monteagudo. Trátase dunha vía moi frecuentada pola veciñanza xa que permite a conexión entre os dous núcleos afastándose do tráfico de vehículos da CP-0513.

A veciñanza de Monteagudo xa leva varios anos solicitando ao Concello o arranxo desta pista, pero de momento, é camiño doutro inverno, segue nas mesmas pésimas condicións. Para arrombar esta pista non fai falta facer un grande investimento, xa que nin tan sequera é necesario asfaltala, senón que sería suficiente con aplicar unha capa de saburra para que no inverno non se converta en intransitable e asegurar uns metros de noiro nunha das marxes que dá cara unha parcela a un par de metros a nivel máis baixo e que presenta risco de derrube.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!