Alternativa solicita arranxar o camiño do Cabrón que comunica a Lagoa con Chamín
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno arranxar o Camiño do Cabrón que comunica a Lagoa con Chamín.
O camiño do cabrón é moi frecuentado pola veciñanza das parroquias de Sorrizo e Chamín, xa que permite a comunicación entre as dúas parroquias afastándose do transito de vehículos da Travesía de Chamín.
As entidades veciñais xa levan décadas solicitando ao concello o arranxo deste camiño, pero de momento, é camiño doutro inverno, segue nas mesmas pésimas condicións.
Para arrombar este camiño non fai falta facer un gran investimento, xa que nin tan sequera é necesario asfaltalo, senón que sería suficiente cunha capa de saburra para que no inverno non se converta en intransitable.