deputacion

Alternativa solicita ao presidente da Deputación que coordine unha protesta dos concellos para demandar o uso dos remanentes

O deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, solicitou no pleno da Deputación da Coruña celebrado hoxe que o presidente provincial, Valentín González Formoso, convoque a todos os concelleiros das distintas corporacións da Coruña a unha protesta simultánea ante os seu respectivos concellos para demandar ao Goberno central a posibilidade de utilizar os remanentes que se atopan inmobilizados nas entidades bancarias. Son moitas as corporacións locais, así como a propia Deputación, que dispoñen de importantes fondos que non poden utilizar.

Esta situación está orixinada pola coñecida como Lei Montoro, moi criticada no seu momento pola oposición ao Goberno do Partido Popular, pero que segue sen resolverse por parte do Goberno formado por PSOE e Podemos. É moi grave que administracións públicas saneadas non poidan empregar millóns de euros que están inmobilizados nos bancos, polos que ademais están a pagar unha comisión ás entidades bancarias do 0.5%, en vez de cobrar intereses por ter os cartos depositados.

Novas relacionadas