Alternativa solicita ao Ministerio de Exteriores que actúe para esclarecer o asasinato de Diego Bello Lafuente

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita ao Ministerio de Exteriores que actúe para esclarecer o asasinato de Diego Bello Lafuente

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitoulle á Ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, que o Goberno de España debe actuar dunha vez para esclarecer o asasinato de Diego Bello, que foi abatido pola Policía Filipina en xaneiro do ano pasado.

Tendo en conta que xa pasou máis dun ano do asasinato de Diego Bello e que aínda non se sabe nada do diagnóstico da orixe e a causa da morte, entendemos que o Goberno de España, coa Ministra de Exteriores á cabeza, debe esixir dunha vez por todas ao Goberno de Filipinas que abra unha investigación e esclareza a causa da morte.

Se o Goberno Filipino non ten intención de investigar a causa da morte de Diego Bello, entón o Goberno de España debe exercer cantas accións políticas, diplomáticas e xudiciais sexan necesarias, para que se esclarezan os verdadeiros motivos da morte de Diego.

“Solicitamos á Ministra de Asuntos Exteriores que acceda a reunirse de maneira presencial coa familia da vítima ou cos representantes da mesma, para informarlles de como progresa a suposta investigación en Filipinas e que accións está a realizar o Goberno de España para esclarecer este asasinato. Tamén, que o Goberno de España faga as xestións pertinentes e solicite á Audiencia Nacional a apertura de xuízo, ao ser o caso da morte de Diego, unha das circunstancias contempladas na lexislación española como motivo para aplicar a xustiza universal” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“A propósito de como actúa o Goberno Filipino e de todas as sospeitas que hai ao redor da “guerra contra as drogas” levada a cabo polo presidente Rodrigo Duterte, non se pode entender como o Goberno de España pretende que a familia da vítima vaia a Filipinas e contrate un avogado local para tentar facer xustiza.

“O Goberno de España debe traballar, defender e loitar para que se esclarezan as causas da morte dun cidadán español que foi asasinado a sangue fría pola Policía Filipina” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!