Alternativa solicita ao Goberno cambiar de lugar os contedores da Rúa Froxel que están á beira do cemiterio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita ao Goberno cambiar de lugar os contedores da Rúa Froxel que están á beira do cemiterio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno buscar outra localización aos contedores que se atopan á beira do cemiterio na Rúa Froxel, xa que provocan un serio perigo tanto para os vehículos como para os peóns.

A Rúa Froxel xa é extremadamente estreita para a circulación de vehículos en ambos sentidos e coa instalación dos contedores invadindo a rúa, dificúltase, aínda máis, a circulación dos vehículos e provoca un risco para a seguridade. Súmase que os colectores non teñen suxeición e cando fai vento terminan tirados no medio da rúa.

Por isto, Alternativa dos Veciños demanda ao equipo de goberno buscar outra localización para estes contedores, xa que provocan un serio perigo tanto para os vehículos como para os peóns.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!