Alternativa solicita actuar para erradicar os plumachos
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno que poña en marcha un plan de choque para impedir a expansión da especie invasora Cortaderia Selloana.
Os plumachos, tamén coñecidos como herba da Pampa e de nome científico Cortaderia Selloana, é unha especie invasora que está a arrasar con parte da vexetación autóctona de Galicia. Por suposto, esta praga tamén afecta o municipio de Arteixo, xa que todas as parroquias están a ser invadidas.
Esta especie invasora non se consegue erradicar segando, rozando ou queimando, xa que volve brotar e favorécese a expansión da mesma. É necesario eliminala de raíz por medios químicos ou mecánicos.
Por iso, débense adoptar as medidas máis apropiadas para previr a aparición dos plumachos, o control e a eliminación da especie.