[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo solicita aclaracións sobre as edificacións nunha pacela da travesía de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita o equipo de goberno que aclare as discrepancias urbanísticas nas edificacións que esta levando a cabo a promotora Rúa Buenos Aires SL nunha parcela na Travesía de Arteixo, á beira do Eroski.
Por parte da promotora Rúa Buenos Aires SL, se está a construír un edificio cuxa licenza se solicitou o pasado 5/9/2018 e foi concedida no mes de novembro do 2019, carecendo de visado do proxecto, o cal se realizou posteriormente o 20/1/2020.
Na parcela que se está a construír presentáronse con anterioridade, nos anos 2003, 2004, 2005 e 2006 distintos proxectos que foran denegados por resolucións da alcaldía de 30/6/2006 e 9/6/2007.
Sendo recorridas polo promotor a través dun contencioso cuxa sentencia foi emitida desestimatoria o 30/7/2010 co número 221/10, así como o recurso de apelación do Tribunal Superior de Xustiza 4028/2011 que desestimou e confirmou a sentencia.
Sete anos despois, o 5/9/2018 solicitase novamente a licenza para 48 vivendas, unha menos que nas peticións anteriores e unha parcela que procede dunha reparcelación, segregación efectuada á parcela que no seu día fora utilizada para a realización dos edificios nos que está situado o Eroski.
Ambos solos, tanto no que se sitúa o Eroski como o da actual construción, están cualificados nas normas subsidiarias do 95 coas ordenanzas URTA, solo urbano residencial e terciario e VF Paseo fluvial de sistema de xerais de espazos libres e zonas verdes.
O apartado IV de sistemas xerais e sistemas locais, epígrafe (F.1) recolle que tamén serán de cesión obrigatoria e gratuíta o solo para sistemas resultantes da ordenación.
“É por iso, solicitamos ao equipo de goberno que se nos informe se o solo recollido nas ordenacións das unidades de actuación mencionadas e cualificadas como VF Paseo Fluvial de Sistemas xerais, foron entregadas ó Concello, se por parte do promotor se utilizou o aproveitamento urbanístico dos citados espazos e, se na actual unidade de actuación cuxa licenza se outorgou en novembro do 2019, a parcela segregada computou parte do aproveitamento urbanístico que xa fora usado na presentada para a construción dos edificios nos que se sitúa o Eroski” apunta Juanfran Martínez, Coordinador de Alternativa en Arteixo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]