Alternativa solicita á Xunta persoal para os Centros de Saúde de Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita á Xunta persoal para os Centros de Saúde de Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa recibe decenas de queixas sobre os servizos de atención primaria no municipio de Cambre. Polo que trasladamos ditas denuncias á Consellería de Sanidade solicitando as medidas necesarias para frear a mediocridade dos servizos públicos sanitarios de atención primaria.

Dificultade, ata rozar a imposibilidade, de contactar telefonicamente cos centros de saúde, consultas médicas realizadas de xeito telefónico, que resultan insuficientes en moitos casos (desenlazando en ocasións cadros médicos complicados en doentes) ou a demora en dar citas, son situacións que a veciñanza de Cambre está a vivir diariamente. E que está a costar un risco para a saúde de moitas persoas.

Alternativa dos Veciños trasladamos á Consellería de Sanidade a necesidade urxente de poñer os medios posibles para impedir este detrimento da atención sanitaria pública, principalmente co reforzo de persoal tanto sanitario como non sanitario. Pero tamén poñer medios precisos para manter un servizo de calidade.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!