pxoms

Alternativa solicita á Xunta medidas que obriguen a frear políticas urbanísticas especulativas

Concellos tan importantes como Arteixo, Culleredo ou Cambre, entre outros, están a hipotecar o crecemento e o futuro, xa que non contan con Planes Xerais de Urbanismo a pesar de contar con maiorías que permitirían a súa aprobación.

A Xunta ten que obrigar a estes Concellos, que teñen posibilidades grandes a aprobar un plan xeral, a sacalos adiante. Intervindo así ante as posibles políticas especulativas que se están a empregar nalgúns destes concellos, facendo uso dunhas normas subsidiarias totalmente obsoletas, sen dar cumprimento a Lei do solo do 2016 ou recalificando solos con convenios entre construtores á disposición dun promotor e o político “de turno”, .

Impoñer a tramitación dos Plans Urbanísticos que afectan ó solo dos Concellos permitiría aos veciños saber para que vale o seu solo, así como, o desenvolvemento de infraestruturas, equipamentos ou novos servizos.

Alternativa dos Veciños, por esta razón, ten presentadas varias denuncias ante a Xunta, ante a fiscalía e tamén ante os Concellos e continuará vixiante ante as posibles ilegalidades urbanísticas.

Novas relacionadas