Alternativa solicita a urxente reparación dunha marquesiña con uso escolar

WhatsApp Image 2023-03-21 at 13.36.12 (1) (1)

Raúl Varela, voceiro municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre, solicitou a reparación desta marquesiña, situada no Lugar da Rocha en Anceis, posto que se atopa co teito totalmente roto.

Cabe destacar que esta parada é un punto diario de recollida de escolares que non poden resgardarse nos días de mal tempo. Veciñanza que emprega a diario a marquesiña denunciou que, a pesar de ter avisado ao Concello, non se puxo solución ao problema.

Novas relacionadas