Alternativa solicita a revisión do proxecto de ampliación do aeroporto
Alternativa dos Veciños vai defender na comisión que abordará a ampliación do aeroporto de Alvedro que o Goberno central analice os graves prexuízos que ocasionará esta actuación a centos de veciños e veciñas, desde Orro ata O Burgo. O aeroporto atópase no corazón da comarca da Coruña, rodeado de decenas de núcleos urbanos, e o aumento dos tránsitos aéreos farían invivibles todas estas áreas.
Por numerosas razóns obxectivas, o aeroporto de Alvedro nunca vai ser un aeroporto internacional. A existencia a menos de 50 km dun aeroporto como o de Lavacolla, afastado de núcleos urbanos, infrautilizado en máis dun 80% da súa capacidade e no centro de Galicia fai que sexa o que debería aglutinar a inmensa maioría do tráfico aéreo galego. Ademais, a próxima entrada en funcionamento do AVE tamén restará viaxeiros a Alvedro.
Tendo todo isto en conta, o dano que se pode crear a Culleredo e ao conxunto da comarca cunha ampliación de Alvedro podería ser moi grande, sen chegar a obter notables melloras nas actuais comunicacións.