Alternativa solicita a mellora da seguridade viaria en varios puntos do Concello

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita a mellora da seguridade viaria en varios puntos do Concello

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa recibiu queixas de varios veciños e veciñas situados en rúas e estradas do Concello nas que a alta velocidade dos vehículos crea unha situación de risco permanente para os peóns.

Os puntos nos que se demanda atención son as rúas da contorna do Skatepark, cemiterio e centro de saúde de Cambre, tamén nos accesos á mesma parroquia polas Rúa Castellana e tamén por Graduil. No Temple están a soportar esta situación polos rueiros paralelos á Costa da Tapia (Rúa Estanque, Abeleira e Polígono). E isto está a acontecer tamén noutras parroquias como Sigrás ou Meixigo.

A veciñanza insiste na urxente subsanación deste problema, dado que a situación de crise sanitaria obriga a moitas persoas a desprazamentos peonís tanto de ocio como para traballo.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!