Alternativa solicita a dimisión da concelleira Inés Ramos Álvarez

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita a dimisión da concelleira Inés Ramos Álvarez

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita a dimisión da Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Ines Ramos Álvarez.

Xa non é a primeira vez que a señora Dª. Inés Ramos Álvarez, Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, mostra pouca empatía e desinterese cara á veciñanza máis vulnerable de Arteixo. Lembramos, a modificación que levou a cabo das bases que regulan as becas comedor en plena pandemia do Covid-19, onde deixou a varias familias sen poder cobrar a contía que xa lles fora aprobada inicialmente. Con esta modificación obrigaba ás familias beneficiarias a ter que demostrar con facturas que compraban comida para os seus fillos e que lles daban para comer nas súas casas, para así poder percibir a contía que xa tiñan aprobada inicialmente e que ata a suspensión das clases o concello abonada directamente á empresa que prestaba o servizo nos centros educativos. Esta decisión tomada pola concelleira foi un insulto cara estas familias. E nin tan sequera lles pediu desculpas.

Nas últimas semanas, a concelleira Dª. Inés Ramos Álvarez volveu demostrar a súa pouca empatía coas familias máis vulnerables do municipio, non mostrando ningún interese por unha orde de desafiuzamento que afecta a unha familia Arteixá composta por seis persoas, entre elas dous menores e unha delas con discapacidade, que quedarán na rúa o próximo 26 de outubro.

Desde Alternativa dos Veciños dirixímonos por rexistro á Concelleira de Servizos Sociais, para solicitar que desde os mesmos se buscase unha solución para esta familia con orde de desafiuzamento e data de lanzamento, pero nin nós recibimos resposta nin tampouco ofreceron algunha solución a esta familia en situación de vulnerabilidade.

A última noticia que recibiu esta familia por parte dos Servizos Sociais do Concello, é que cando o próximo día 26 queden na rúa, seguramente lles saquen os fillos menores de idade.

Os Servizos Sociais do Concello non foron quen de durante meses dar unha solución a esta familia, cando o único obxectivo era atopar unha vivenda e así poderse adherir o “programa reconduce” da Xunta de Galicia, que está financiado coa axuda do Fondo Social Europeo.

Todo concelleiro ou concelleira debe empatizar, atender e defender os intereses de todos os veciños e veciñas do municipio, pero máis aínda se cabe, se este concelleiro dirixe e representa as áreas de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación.

Por iso, se a señora Dª. Inés Ramos Álvarez lle queda un mínimo de dignidade e respecto polo municipio de Arteixo e os seus veciños e veciñas, debe de presentar a súa dimisión como concelleira de forma inmediata. E de non ser así, entón debería ser o Sr. Alcalde-Presidente quen decrete o seu cesamento dos cargos que ostenta como concelleira membro do equipo de goberno no Concello de Arteixo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!